Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 12 de febreiro de 2016 Páx. 5126

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización dos contratos de servizo de vixilancia e seguridade en varios edificios xudiciais da Xunta de Galicia (lotes 7, 8 e 9).

Para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización dos seguintes contratos administrativos de servizos.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: 2015-SEXU 05 a 14-EM.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21572

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: servizo de vixilancia e seguridade en varios edificios xudiciais da Xunta de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes: 11. Esta formalización refírese aos seguintes lotes:

Lote 7: Edificio dos xulgados de Lalín.

Lote 8: Edificio xudicial vello de Vigo.

Lote 9: Edificio do xulgado de Arzúa.

d) CPV: 79710000-4 (servizos de seguridade) e 79714000-2 (servizos de vixilancia).

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 19 de decembro de 2014.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato para os tres lotes: 170.709,00 €.

5. Orzamento base de licitación para os tres lotes:

Importe neto: 77.795,00 €.

Importe total : 93.889,95 €, desagregado por lotes do seguinte xeito:

Lote 7: 31.296,65 €.

Lote 8: 31.296,65 €.

Lote 9: 31.296,65 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: lotes 7 e 8: 26 de novembro de 2015.

Lote 9: renuncia da Administración por Resolución do 26 de novembro de 2015.

b) Data de formalización do contrato: lotes 7 e 8: 16 de decembro de 2015.

c) Contratistas: Lotes 7 e 8: Alcor Seguridade, S.L.

d) Importe de adxudicación:

Lote 7: 24.926,00 €, IVE incluído.

Lote 8: 24.926,00 €, IVE incluído.

e) Vantaxes das ofertas adxudicatarias: ofertas economicamente máis vantaxosas.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2016.

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza