Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 12 de febreiro de 2016 Páx. 5167

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 1 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, de notificación de información pública do expediente IN407A 2015/164-1.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro, e BOE núm. 30, do 4 de febreiro), notifícaselles aos interesados descoñecidos, ausentes ou con enderezo descoñecido que se sinalan no anexo deste anuncio a Resolución do 29 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa, de construción e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica nos concellos de Mesía e Oza-Cesuras (IN407A 2015/164-1).

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado, polo que os interesados poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Sen prexuízo do anterior, este anuncio publícase tamén no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 1 de febreiro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediete: IN407A 2015/164-1.

Solicitante: Unión Distribuidores Electricidad, S.A.

Denominación: reforma de liñas LMT Lanzá-Albixoi e LMT Visantoña-Loureda.

Concellos: Mesía e Oza-Cesuras.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

Núm. predio

Cultivo e lugar

Catastro

Titulares

Afección solo

Afeccións voo

Nº apoio sup.

Lonx. (m)

m2

Pol. Par.

– LMT Lanza-Albixoi

1

Monte alto

Leira Longa

505 437

Hros. de Manuel García Barreiro

11/1-11/5

9

341

678,0

– LMT Visantoña-Loureda

2

Monte alto

Aguillón

506 92

Hros. de María Pardo Naveira

0

31

155,0

3

Monte alto

Aguillón

506 93

Hros. de Manuel Pardo Naveira

2-3

1,62

173

321,0

4

Monte alto

Aguillón

506 94

Hros. de Francisco Pardo Naveira

0

0

15,0

5

Monte alto

Quenlla

506 133

Hros. de Francisco Pardo Naveira

4

0,81

28

49,0