Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 12 de febreiro de 2016 Páx. 5200

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 15 de xaneiro de 2016 pola que se autoriza a transmisión inter vivos das concesións administrativas e das bateas G.M. I e Luisa I.

Vistos os expedientes instruídos para os efectos da transmisión das bateas G.M. I e Luisa I e das concesións administrativas que os amparan, resulta:

a) Antecedentes.

Primeiro. Mediante escrito do 4 de xaneiro de 2016, Enrique Mariño Sánchez (76969377S) e Mª Manuela Mariño Sánchez (76968056M) solicitan autorización para transmisión do 1/10 cada un, das concesións administrativas e das bateas G.M. I e Luisa I .

Segundo. Os informes do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características das bateas son favorables.

b) Consideracións legais e técnicas.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG nº 243, do 15 de decembro) de modificación da Lei 11/2008, do 3 de decembro (DOG nº 243, do 16 de decembro), de pesca de Galicia, e co Decreto 406/1996, do 7 de novembro, que aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, co Decreto 174/2002, do 10 de maio, polo que se modifica o Regulamento de viveiros (DOG nº 97, do 22 de maio), e coa Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Mª Gema Sánchez Torrado (76493829S), Mª Genma Mariño Sánchez (76968182Q), Mª Jesús Mariño Sánchez (52934696N) e Fco. Javier Mariño Sánchez (52939102W), das concesións administrativas e das bateas que se indican a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: G.M. I.

Situación:

Cuadrícula nº: 107.

Polígono: H.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 4.6.1974.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Luisa I.

Situación:

Cuadrícula nº: 264.

Polígono: E.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 3.5.1958.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Mª Gema Sánchez Torrado (76493829S) 5/10, Mª Manuela Mariño Sánchez (76968056M) 1/10, Mª Genma Mariño Sánchez (76968182Q) 1/10, Enrique Mariño Sánchez (76969377S) 1/10, Mª Jesús Mariño Sánchez (52934696N)1/10, e Fco. Javier Mariño Sánchez (52939102W) 1/10.

Novos titulares: Mª Gema Sánchez Torrado (76493829S) 4/7 privativos, Mª Genma Mariño Sánchez (76968182Q) 1/7 privativo, Mª Jesús Mariño Sánchez (52934696N) 1/7 privativo e Fco. Javier Mariño Sánchez (52939102W)1/7 privativo.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Os actuais titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. Os novos titulares das concesións administrativas quedan subrogadas nos dereitos e obrigas dos anteriores, desde o momento de formalización da compra-venda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 15 de xaneiro de 2016

P.D. (Resolución do 12.4.2012)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña