Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 12 de febreiro de 2016 Páx. 5205

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega das Industrias Culturais

ANUNCIO do 25 de xaneiro de 2016 polo que se notifica o requirimento para a presentación de documentación preceptiva, ao abeiro do contrato de actuación artística para a representación de espectáculos públicos do 26 de novembro de 2015.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a Pinga Teatro, S.L., a quen non se lle puido facer por correo certificado, o requirimento para a presentación de documentación preceptiva, ao abeiro de contrato de actuación artística para a representación de espectáculos públicos, ditado pola Dirección da Agadic con data do 26 de novembro de 2015. A notificación efectuarase por anuncio que se publicará no Boletín Oficial del Estado, logo da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da Lei 30/1992, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Departamento de Xestión da Agadic, Cidade da Cultura de Galicia, Monte Gaiás s/n, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen se ter efectuado a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2016

Jacobo Sutil Nesta
Director da Axencia Galega das Industrias Culturais

ANEXO

Interesada: Pinga Teatro, S.L.

Último enderezo coñecido: rúa Urzáiz 92-5º A dereita, 36204 Vigo.

Acto notificado: requirimento.