Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 12 de febreiro de 2016 Páx. 5228

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Gondomar

ANUNCIO de exposición pública dos expedientes de delimitación do ámbito de varios núcleos rurais.

De conformidade co disposto na disposición adicional segunda da Lei 9/2002, do 30 de decembro, modificada pola Lei 15/2004, do 20 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, expóñense á información pública os expedientes de delimitación do ámbito dos núcleos rurais de San Roque e de Prado, na parroquia de Morgadáns; do núcleo de Penalba, na parroquia de Mañufe, e do núcleo da Mourisca, na parroquia de Chaín, deste termo municipal, subscrito polo arquitecto municipal José Antonio Álvarez Álvarez e incoado por petición do concelleiro de Urbanismo no mes de febreiro de 2016.

O expediente sométese á información pública polo prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal se poderá examinar no Negociado de Urbanismo do Departamento Municipal de Urbanismo, en horario de oficina, e formular as alegacións e observacións que se consideren procedentes.

Gondomar, 4 de febreiro de 2016

P.D. (Resolución da Alcaldía 16.9.2015)
Xosé Antonio Araúxo Quintas
Concelleiro de Urbanismo, Patrimonio e Dereito á Vivenda