Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 15 de febreiro de 2016 Páx. 5376

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 22 de xaneiro de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental sobre o proxecto dunha explotación avícola no lugar da Ventosa, concello de Ribas de Sil (Lugo), promovido por Avimoa, S.C. (expediente 2014/0115).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 41, número 3, faise pública a declaración de impacto ambiental do 21 de xaneiro de 2016 relativa ao proxecto dunha explotación avícola sita no lugar da Ventosa, no concello de Ribas de Sil (Lugo), promovido por Avimoa, S.C.

Esta declaración pódese consultar na seguinte ligazón:

http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental