Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 15 de febreiro de 2016 Páx. 5418

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2015 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta unidade no terceiro cuadrimestre de 2015.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xuño), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para cumprir esa obriga, por medio desta resolución dáselle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2015 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2015

P.S.
Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO

Convenio

Importe económico

Data de sinatura

Convenio de colaboración empresarial entre a Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria e Sanifi-Aventis, S.A. para a organización de actividades formativas no ámbito da Escola Galega de Saúde para Cidadáns.

3.000 €

31.7.2015

Convenio de colaboración empresarial entre a Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria e a Fundación AstraZeneca para a organización de actividades formativas no ámbito da Escola Galega de Saúde para Cidadáns.

9.000 €

16.10.2015

Convenio de colaboración empresarial entre a Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria e AstraZeneca Farmacéutica Spain, S.A. para a organización da actividade formativa Comparacións indirectas na avaliación de medicamentos.

3.500 €

30.10.2015

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria para o ano 2015 (asinado o 13 de marzo de 2015).

43.391,97 €

12.11.2015