Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 2016 Páx. 5544

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 5 de febreiro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se notifica a resolución do expediente 1088/2014 relativo a un recurso de alzada presentado contra a resolución ditada pola xefa territorial da Coruña, no expediente 1055/2013, sobre solicitude de acceso á asistencia sanitaria para situacións especiais.

O 13 de xaneiro de 2016, o conselleiro de Sanidade ditou resolución do recurso de alzada presentado o día 13 de decembro de 2014 por Alaa Abdelaziz Abdelfattah Abousamra en nome do seu fillo menor de idade contra a resolución sobre solicitude de acceso á asistencia sanitaria para situacións especiais.

Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e, ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Alaa Abdelaziz Abdelfattah Abousamra o contido da referida resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Consonte o artigo 61 da devandita Lei 30/1992, do 26 de novembro, a publicación da resolución do recurso de alzada pode lesionar dereitos ou intereses lexítimos, polo que esta cédula se limitará á publicación, como anexo, dunha sucinta indicación do contido do acto e do lugar onde o interesado poderá comparecer no prazo, para o coñecemento do contido íntegro do devandito acto e constancia de tal coñecemento.

Así mesmo, lémbraselle que contra a resolución que pola presente cédula se notifica, que pon fin á vía administrativa de acordo co artigo 109 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, poderá interpor recurso contencioso-administrativo de acordo co que establece o artigo 14.1, regra segunda, da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (modificada pola Lei 37/2011, do 10 de outubro, de medidas de axilización procesual). O prazo será de dous meses que se contarán desde o día seguinte ao da notificación, de conformidade co artigo 46 da referida Lei 29/1998.

A presente cédula expídese para que conste e sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2016

Josefina Monteagudo Romero
Secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade

ANEXO

Número de expediente: 1088/2014.

Reclamante: Alaa Abdelaziz Abdelfattah Abousamra.

NIE: Y3007032A.

Último enderezo coñecido: praza Ultreia, nº 8, 4º B, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña.

Contido da notificación: resolución do expediente núm. 1088/2014, relativo a recurso de alzada presentado o día 13 de decembro de 2014 por Alaa Abdelaziz Abdelfattah Abousamra en nome do seu fillo menor de idade, contra a resolución ditada pola xefa territorial da Consellería de Sanidade da Coruña, no expediente núm. 1055/2013 sobre solicitude de acceso á asistencia sanitaria para situacións especiais.

Lugar de comparecencia: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, Edificio Administrativo de San Lázaro, 15703 Santiago de Compostela.

Prazo de comparecencia: 15 días.