Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 2016 Páx. 5503

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 290/2015).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 290/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Víctor Jesús del Buey Touriño contra a empresa Limpiezas Secope, S.A. sobre reclamación de cantidade, se ditou decreto con data do 27 de xaneiro de 2016 cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do decreto:

«Decreto.

Secretaria xudicial, Susana Varela Amboage.

En Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2016.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Víctor Jesús del Buey Touriño presentou demanda de execución fronte a Limpiezas Secope, S.A.

Segundo. Ditouse auto en que se despacha execución con data do 18 de decembro de 2015, por importe de 19.284,32 euros de principal (14.090,22 euros de indemnización + 4.981,41 euros de salarios debidos), máis 212,91 euros de xuros do artigo 29.3 do E.T., máis 1.928,43 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, podan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Terceiro. Neste xulgado consta na execución de títulos xudiciais seguida neste xulgado co número 75/2015, declarada a insolvencia de Limpiezas Secope, S.A., da que se uniu testemuño, e deuse traslado ao executante e ao Fondo de Garantía Salarial para que fixesen alegacións, sen que o verificasen.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. Dispón o artigo 276.3 da LXS que, declarada xudicialmente a insolvencia dunha empresa, isto será base suficiente para estimar a súa pervivencia noutras execucións, podéndose ditar o decreto de insolvencia sen necesidade de reiterar as indagacións de bens do artigo 250 desta lei, debendo darse audiencia previa á parte demandante e ao Fondo de Garantía Salarial para que sinalen a existencia de novos bens.

Segundo. Na presente executoria cumpríronse os requisitos e trámites de indagación de bens establecidos nos artigos 250 e 276 da LXS, que supón concluír respecto da executada a pervivencia da situación de insolvencia ao non coñecerse novos bens daquela sobre os que facer efectivas as actividades de execución, polo que procede, cumprindo o efecto previsto no artigo 276.2 da LXS, declarar a insolvencia total, que deberá entenderse provisional para todos os efectos, ata que se coñezan novos bens ao executado.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar a executada Limpiezas Secope, S.A. en situación de insolvencia total por importe de 19.284,32 euros de principal (14.090,22 euros de indemnización + 4.981,41 euros de salarios debidos), máis 212,91 euros de xuros do artigo 29.3 do E.T., máis 1.928,43 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá, para todos os efectos, como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

d) Lévese o orixinal ao libro de decretos e déixese testemuño nas presentes actuacións.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que en aplicación del mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta no Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0290 15. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0290 15”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/a secretario/a xudicial».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Limpiezas Secope, S.A., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2016

A secretaria xudicial