Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 2016 Páx. 5511

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 20 de xaneiro de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico do Plan especial de dotacións para equipamento asistencial de Aspavi, no concello de Pazos de Borbén, promovido pola Asociación de Pais e Nais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Vigo (Aspavi) (expediente 2015AAE1837; código 1748/2015).

De acordo co artigo 31 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público o informe ambiental estratéxico do 19 de xaneiro de 2016 sobre o Plan especial de dotacións para equipamento asistencial de Aspavi no concello de Pazos de Borbén, promovido pola Asociación de Pais e Nais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Vigo (Aspavi).

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet:

http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental