Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 2016 Páx. 5516

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 28 de xaneiro de 2016, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-03187-O-2015 e dous máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña acordou a incoación dos expedientes sancionadores XC-03187-O-2015 e outros dous máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmanse de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Outórgaselles un prazo quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que achen oportunas.

No suposto de que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

A Coruña, 28 de xaneiro de 2016

César Concheiro Ceide
Instrutor xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciado

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto
cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

XC-03187-O-2015

8689-BFW

Garda Civil 1500 C35644I

Pazos Logística

B94108115

Lugar Caritel nº 98

36829 Ponte Caldelas

(Pontevedra)

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.
31.7.2015; 8.05; A6; 567,0

Art. 140.1 LOTT Art. 141.25 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

XC-03345-I-2015

1130-DDM

Axente de inspección CO/010

Ramón Blanco Porto

76863327H

Berres-Celeirón 6

36688 A Estrada

(Pontevedra)

A negativa ou obstrución á actuación dos servizos de inspección que imposibilitan total ou parcialmente o exercicio das funcións que legal ou regulamentariamente teñen atribuídas.
21.12.2015

Art. 140.12 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros

XC-03346-I-2015

4006-DWG

Axente de inspección CO/010

Arias Logística y Transportes, S.L.

B27288521

Orense 29

27004 Lugo

A negativa ou obstrución á actuación dos servizos de inspección que imposibilitan total ou parcialmente o exercicio das funcións que legal ou regulamentariamente teñen atribuídas.

21.12.2015

Art. 140.12 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros