Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 2016 Páx. 5485

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2111/2015).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2111/2015 desta sección, seguido por instancia de Rita Míguez Muñoz, Alfonso Míguez Muñoz e Secundina Míguez Muñoz contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e José Míguez Muñoz, sobre incidentes de execución, se ditou a seguinte resolución:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto por Rita, Alfonso e Secundina Míguez Muñoz contra a Resolución do 30 de xaneiro de 2015, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Vigo no procedemento 149/2014, sobre execución, debemos confirmar e confirmamos integramente a resolución impugnada.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Sala do Social.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta, nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Para que así conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a José Míguez Muñoz, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou se se trata de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 27 de xaneiro de 2016

A letrada da Administración de xustiza