Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 2016 Páx. 5562

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Emerxencias

RESOLUCIÓN do 1 de xaneiro de 2016 pola que se fai pública a formalización da contratación non suxeita á regulación harmonizada para a adquisición de embarcacións e esparexedores de sal para a prevención e actuación en emerxencias, mobilizado e coordinado polo novo Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE 112 Galicia), cofinanciado nun 80 % polo Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3, prioridade 53, actuación 15, mellora de infraestruturas e equipamento de emerxencias nos servizos municipais e supramunicipais de protección civil e emerxencias.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información.

a) Organismo: Axencia Galega de Emerxencias.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23451.

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante a través da páxina web:

http://www.axega112.org.

d) Número de expediente: AXGE.15.SU.062.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración de equipamento operativo consistente en embarcacións e esparexedores de sal para a prevención e atención ás emerxencias destinados aos servizos municipais e supramunicipais de protección civil e emerxencias, mobilizados baixo a coordinación do CIAE 112 Galicia.

c) División por lotes e número: si.

Lote 1: adquisición de 3 embarcacións para a actuacións en emerxencias.

Lote 2: adquisición de 15 esparexedores de sal adaptados a remolques ou vehículos todo terreo.

d) CPV (referencia de nomenclatura): lote 1: 34144420-8. Lote 2: 34522450-1.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: documentalmente simplificada e ordinaria.

b) Procedemento: aberto atendendo a varios criterios de adxudicación.

4. Orzamento base de licitación: importe neto: 85.950,42 €. Importe total: 104.000,00 €.

5. Dotación por lotes.

a) Lote 1: 3 embarcacións. Importe neto: 35.950,42 €. Importe total: 43.500,00 €.

b) Lote 2: 15 esparexedores de sal. Importe neto: 50.000,00 €. Importe total: 65.500,00 €.

6. Formalización do contrato do lote 1.

a) Data de adxudicación: 25 de novembro de 2015.

b) Data de formalización: 30 de novembro de 2015.

c) Adxudicatario: Vanguard Marine Lda.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 34.170,00 €. Importe total: 42.029,10 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: economicamente máis vantaxosa.

7. Formalización do contrato do lote 2.

a) Data de adxudicación: 25 de novembro de 2015.

b) Data de formalización: 30 de novembro de 2015.

c) Adxudicataria: Ricarsat, S.L.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 49.565,13 €. Importe total: 59.973,81 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 1 de xaneiro de 2016

Juan José Muñoz Iglesias
Xerente da Axencia Galega de Emerxencias