Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 2016 Páx. 5807

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 8 de febreiro de 2016 pola que se notifica o acordo de inicio de procedemento administrativo sancionador devolto polo servizo de Correos por no ser posible a notificación do expediente 13-17-16-02.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE nº 226, do 17 de setembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao denunciado, cos datos persoais e último domicilio coñecido que no anexo se mencionan, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, o acordo de inicio do procedemento administrativo sancionador por presunta infracción do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o expedientado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación no Boletín Oficial del Estado, para que poida examinar o expediente nos servizos centrais do ente público Portos de Galicia sitos na praza de Europa, 5-A, 6º, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, e formular alegacións e presentar os documentos e informacións que coide pertinentes ante o instrutor do procedemento, segundo o establecido no regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

De non efectuarse alegacións no prazo antes mencionado, o acordo de inicio, en aplicación do artigo 13.2º do Real decreto 1398/1993, será considerado proposta de resolución.

O órgano competente para a resolución do expediente, de acordo coa tipificación e contía da sanción e en virtude do disposto no artigo 39.1º.a) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo (DOG nº 146, do 1 de agosto), é o director do ente público.

O pagamento voluntario porá fin ao expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell/Gallego, Banco Pastor, Banesto, BBVA, BSCH e Abanca), empregando o modelo de impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia e presentándoo en calquera entidade bancaria.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2016

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciado.

Data-hora-porto

Precepto

infrinxido

Precepto sancionador

Sanción proposta

Sanc. 13-17-15-29

7577-CPC

Celador do porto

María Pilar Pousa Ferreiro

CMI Centro Erbelllo, 13, Aldán San Cibrán P.

36945 Cangas (Pontevedra)

Estacionamento prohibido

19.8.2015; 11.25 horas

Bueu (Pontevedra)

Art. 306.1.a) RDL 2/2011 TRLPEMM

Arts. 17 e 64

OM 12.6.1976

Art. 312 RDL 2/2011 TRLPEMM

90,15 €