Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 2016 Páx. 5771

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 2 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 1 de febreiro de 2016 de autorización de cambio de actividade forestal a agrícola das parcelas 20 do polígono 309 e 17 do polígono 313 do termo municipal de Lugo.

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.c) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante Resolución do 1 de febreiro de 2016, o cambio de actividade forestal a agrícola das parcelas 20 do polígono 309 e 17 do polígono 313 do termo municipal de Lugo.

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada, e o informe de impacto ambiental foi emitido con data do 26 de novembro de 2015 anuncio publicado no DOG núm. 248, do 30 de decembro.

Lugo, 2 de febreiro de 2016

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo