Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 2016 Páx. 5827

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Padrenda

ANUNCIO de información pública sobre o expediente de delimitación do núcleo rural de Santo Antonio de Monte Redondo.

Procedencia: concello de Padrenda (Ourense).

Expediente: 403/2015.

Solicitude: delimitación do núcleo rural de Santo Antonio de Monte Redondo.

Lexislación reguladora: disposición adicional 2ª da Lei 9/2002, coa redacción que a esta lle outorgan as leis 15/2004, 6/2008 e 2/2010, en relación co artigo 13 da Lei 9/2002, todas de Galicia.

O expediente arriba indicado está en fase de tramitación e exponse a información pública por un período dun mes para os efectos de que poida ser examinado polos interesados e que estes poidan presentar as alegacións que consideren oportunas.

Este mesmo anuncio insírese –de conformidade co previsto legalmente– nos xornais La Voz de Galicia e Faro de Vigo, así como no Diario Oficial de Galicia, comezado a contar o prazo antes sinalado a partir da última publicación deste edicto.

Rematado o trámite, someterase o expediente a coñecemento do Pleno do Concello para a súa posterior elevación a aprobación definitiva polo/a secretario/a xeral de Urbanismo.

Padrenda, 27 de xaneiro de 2016

Manuel Pérez Pereira
Alcalde