Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 18 de febreiro de 2016 Páx. 6156

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 9 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social RL 2010/0222-4.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por esta cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución recaída no expediente sancionador correspondente.

Dispón dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar a resolución (que non pon fin á vía administrativa) nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Fáiselle saber á interesada que pode formular recurso de alzada, perante a Secretaría Xeral de Emprego, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Advírteselle que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderá solicitar na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, xa que, noutro caso se incoará o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda.

Expediente: RL 2010/0222-4.

Acta: I362010000057537.

Empresa: Piensos El Hórreo, S.A.

NIF: A-36021202.

Enderezo: polígono industrial As Gándaras, s/n. O Porriño.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigo 3 e anexo II, números 1, 2 e 3, do Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde para a utilización polos traballadores dos equipamentos de traballo, en relación cos artigos 4.2.d) e 19 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, en relación co establecido nos artigos 14, 15 e 17 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Preceptos sancionadores: artigos 12.16.b), 39.3.c) e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 1.2.2016.

Resolución: multa de 6.000 €.

Vigo, 9 de febreiro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra