Para os efectos oportunos, faise público que no BOP nº 16, do 21 de xaneiro de 2016, se publica un anuncio relativo á convocatoria do Premio de periodismo Xosé Aurelio Carracedo para o ano 2016, consistente nun único premio, cunha dotación total de 3.000,00 €. O prazo de presentación de propostas e traballos finaliza o día 16 de marzo próximo e deben ser remitidos á Deputación Provincial de Ourense; rúa Progreso, 32, coa denominación «Premio de periodismo Xosé Aurelio Carracedo 2016». Pode solicitarse información no teléfono 988 31 76 09 ou no centro cultural Marcos Valcárcel da Deputación Provincial de Ourense.
Ourense, 21 de xaneiro de 2016
José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense