Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 18 de febreiro de 2016 Páx. 6122

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (948/2010).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 948/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia dos traballadores arriba referenciados contra a empresa Viproga, S.A., se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Estímase a demanda interposta por Ernesto Rodríguez Castro, José Manuel Martínez Merelles, Juan Ángel Botana Calvo, Manuel Pulleiro Becerra, Ramón Iglesias Rancaño, Manuel Abad Paredes, Juan Luis Cruces Rodríguez, representados e asistidos polo letrado Ramón Quintela Miramontes, fronte a Viproga, S.A., que non comparece no acto de xuízo oral e, en consecuencia, condénase a parte demandada a que lle aboe aos demandantes as seguintes cantidades polos conceptos que constan no feito probado segundo desta resolución; a Ernesto Rodríguez Castro, a cantidade de 11.198,38 euros; José Manuel Martínez Merelles, o importe de 11.478,05 euros; Juan Ángel Botana Calvo, o importe de 11.619,77 euros; Manuel Pulleiro Becerra, o importe de 16.820,08 euros; Ramón Iglesias Rancaño, o importe de 12.047,97 euros; Manuel Abad Paredes, o importe de 10.961,39 euros; Juan Luis Cruces Rodríguez, o importe de 11.397,6 euros; máis o 10 % por mora establecido no artigo 29.3 do ET.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta poden interpor recurso de suplicación ante o TSX de Galicia no prazo de cinco (5) días».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Viproga, S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial