Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 18 de febreiro de 2016 Páx. 6126

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1013/2012).

Po procedemento ordinario 1013/2012

Procedemento de orixe: /

Sobre ordinario

Demandante: Ramón Jamardo Bascoy

Avogado: Xavier Castro Martínez

Demandados: Campiñas de Laíño, S.A., Refojo e González, S.L., María José Lorenzo Gómez, Hipescar, S.L., Fogasa, Juan Manuel Capella Pérez

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Ramón Jamardo Bascoy contra Campiñas de Laíño, S.A., Refojo e González, S.L., María José Lorenzo Gómez, Hipescar, S.L., Fogasa, Juan Manuel Capella Pérez , en reclamación por ordinario, rexistrado co nº procedemento ordinario 1013/2012, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da Lei reguladora da xurisdición social, citar a Hipescar, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 14 de marzo de 2016, ás 13.30 horas, na planta baixa, sala 1, edif. rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo, podendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que tente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Solicitando o interrogatorio de parte e sendo a mesma persoa xurídica débense facer as advertencias que se conteñen no artigo 91.3 e 5 da LXS. Conforme dispón o devandito precepto, o interrogatorio das persoas xurídicas privadas practicarase con quen legalmente as represente e teña facultades para responder a tal interrogatorio. Se o representante en xuízo non interviñese nos feitos, deberá presentarse ao xuízo a persoa coñecedora directa destes. Con tal fin, a parte interesada poderá propoñer a persoa que se deba someter ao interrogatorio xustificar debidamente a necesidade do dito interrogatorio persoal.

A declaración das persoas que actuasen nos feitos litixiosos en nome do empresario, cando sexa persoa xurídica privada, baixo a responsabilidade deste, como administradores, xerentes ou directivos, soamente se poderá acordar dentro do interrogatorio da parte por cuxa conta actuasen e en calidade de coñecedores persoais dos feitos, en substitución ou como complemento do interrogatorio do representante legal, salvo que, en función da natureza da súa intervención nos feitos e posición dentro da estrutura empresarial, por non prestaren xa servizos na empresa ou para evitar indefensión, o xuíz ou tribunal acorde a súa declaración como testemuñas.

O seu interrogatorio como demandado.

Para ese efecto, indícaselle que se non comparece se poderán ter por certos os feitos da demanda en que interviñese persoalmente e que lle resultasen en todo ou en parte prexudiciais (artigo 91.2 da LXS).

Deberá achegar ao acto do xuízo os seguintes documentos:

Os indicados pola parte demandante no seu escrito de demanda, cuxa copia se encontra á súa disposición na oficina xudicial.

Advírteselle que, se os citados documentos non se achegan ao xuízo sen mediar causa xustificada, se poderán estimar probadas as alegacións da parte contraria en relación coa proba acordada (artigo 94.2 da LXS).

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Para que sirva de citación a Hipescar, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial