Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 18 de febreiro de 2016 Páx. 6185

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de exposición pública da aprobación inicial da modificación puntual número 4 do Plan xeral de ordenación municipal.

O Concello Pleno, en sesión do 28 de xaneiro de 2016, acordou, entre outros, o seguinte:

«Aprobar inicialmente o documento de modificación puntual número 4 do PXOM de Oleiros-modificación dos usos das parcelas de equipamento da urbanización Mesón da auga. Doc. nº 18272, do 25.11.2015.

Suspender o procedemento de outorgamento de licenzas no ámbito das parcelas afectadas, de conformidade co artigo 77 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia».

De conformidade cos artigos 85.2 e 3 da citada Lei 9/2002, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 14.00 horas, polo prazo de dous meses, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 5 de febreiro de 2016

Ángel García Seoane
Alcalde presidente