Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 19 de febreiro de 2016 Páx. 6433

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (647/2015).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 647/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Carlos Gómez González contra Sumtec, S.L., Puertas Blindex, S.L., General Panels, S.L., Bianinver Sociedad de Inversiones, S.L., Fondo de Garantía Salarial, administración concursal de Sumtec, S.L, administrador concursal de Sumtec, S.L., sobre despedimento, ditouse sentenza, cuxa resolución é a seguinte:

«Tense por desistido a Juan Carlos Gómez González da acción exercida fronte á entidade Caamaño y Bianchi Sociedad de Inversiones, S.L.

Que debo desestimar e desestimo as demandas que en materia de resolución de contrato e despedimento foron interpostas por Juan Carlos Gómez González, contra as entidades Sumtec, S.L., Puertas Blindex, S.L., General Panels, S.L. e Bianinver Sociedad de Inversiones, S.L., administración concursal de Sumtec, S.L., ao concorrer a excepción de falta de xurisdición alegada, e remítese á Xurisdición Mercantil o exercicio das súas reclamacións.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Juan Carlos Gómez González contra as entidades Sumtec, S.L., Puertas Blindex, S.L., General Panels, S.L. e a administración concursal de Sumtec, S.L., e en consecuencia, debo condenar e condeno solidariamente a Sumtec, S.L., Puertas Blindex, S.L., General Panels, S.L. e a administración concursal de Sumtec, S.L., a que aboen á demandante a cantidade de 13.542,90 euros brutos por salarios devindicados entre outubro de 2014 e abril de 2015, ambos incluídos, así como o xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de cantidade, foi interposta por Juan Carlos Gómez González contra a entidade Bianinver Sociedad de Inversiones, S.L., á que debo absolver do pedido na súa contra.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así por esta a miña sentenza, pronúnciao, mándao e asínao a maxistrada xuíza deste Xulgado do Social número 5, Pilar Carreira Vidal.

E para que sirva de notificación en legal forma a Puertas Blindex, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de febreiro de 2016

A letrada da Administración xudicial