Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 19 de febreiro de 2016 Páx. 6440

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (174/2015).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento de execución de títulos xudiciais 174/2015 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Estrella Tojo García contra Bernardo Blanco Pazos, Fogasa, Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decreto:

Secretaria xudicial: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela o dezaoito de decembro de dous mil quince.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Estrella Tojo García presentou demanda de execución fronte a Bernardo Branco Pazos, Fogasa, Fondo de Garantía Salarial.

Segundo. Ditouse auto despachando execución en data 10.7.2015 por un total de 5.391,50 euros de principal (3.838,30 euros de salarios +1.553,20 euros de xuros do artigo 29.3 do ET) e de 539,15 euros en concepto de xuros e costas.

Terceiro. Das actuacións practicadas non se obtivo ningunha cantidade. Deuse audiencia ao Fondo de Garantía Salarial tras o resultado negativo do resto de indagacións realizadas.

Fundamentos de dereito.

Único. Dispoñen os artigos 250 e 276 da LXS que de non se ter coñecemento da existencia de bens abondo do executado nos que facer traba e embargo, practicaranse as indagacións procedentes e de ser infrutuosas, total ou parcialmente, a secretaria xudicial da execución ditará decreto de insolvencia tras oír ao Fondo de Garantía Salarial e á parte actora.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar ao executado Bernardo Blanco Pazos en situación de insolvencia total por importe de 5.391,50 euros de principal (3.838,30 euros de salarios +1.553,20 euros de xuros do artigo 29.3 do ET) e de 539,15 euros en concepto de xuros e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reaperturar a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A. debendo indicar no campo concepto, “recurso” seguida do código “31 Social-Revisión de resolucións, secretario xudicial”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do código “31 Social-Revisión de resolucións, secretario xudicial”. Se efectuase diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles».

E para que sirva de notificación en legal forma para os meros efectos de publicidade expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial