Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 19 de febreiro de 2016 Páx. 6407

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2016 pola que se convoca unha xornada de seguridade e coordinación nas probas automobilísticas de Galicia.

A Academia Galega de Seguridade Pública, en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, anuncia a convocatoria dunha xornada de seguridade e coordinación nas probas automobilísticas de Galicia, de acordo coas seguintes bases:

1. Datos da actividade.

Denominación: seguridade e coordinación nas probas automobilísticas de Galicia.

Tipo: xornada.

Edicións: 1.

Horas lectivas: 4.

Modalidade: presencial.

Obxectivos:

Analizar desde o ámbito da seguridade as probas automobilísticas que se desenvolven na nosa comunidade autónoma e o sistema das autorizacións para a súa realización, favorecendo o debate e a coordinación e colaboración entre todos os axentes implicados.

Contido:

– Visión global da organización de probas automobilísticas en Galicia.

– A seguridade das probas: visión de todos os sectores implicados.

– Réxime de autorizacións.

2. Desenvolvemento da convocatoria.

Destinatarios/as:

Equipos, organizadores, pilotos e copilotos, colaboradores, voluntarios das probas automobilísticas en Galicia, policía local, persoal de protección civil e emerxencias, garda civil, policía nacional e público interesado en xeral.

Prazas ofertadas:

Limitado á capacidade máxima (400 persoas).

3. Solicitudes de participación.

a) O persoal que desexe participar no curso convocado nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da Agasp http://agasp.xunta.es .

Non se admitirá ningunha outra forma ou modelo de solicitude.

e) Prazo para a presentación de solicitudes: o prazo de inscrición e presentación de solicitudes de participación rematará o día 1 de marzo de 2016.

4. Formulario normalizado de solicitude.

a) Os formularios de solicitude a que se refire a base anterior serán obtidos e cubertos pola persoa solicitante necesariamente a través da páxina web da Academia Galega de Seguridade Pública, que poden encontrar no enderezo da internet http://agasp.xunta.es .

b) Para cubrir correctamente os formularios de solicitude, no citado enderezo da internet dispoñerase de instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento polas persoas solicitantes.

c) Os formularios poderán ser obtidos e cubertos ata as 14.00 horas da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

d) En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información, poderán dirixirse á Agasp a través do número de teléfono 886 20 61 10, do fax 886 20 61 22 ou enderezo de correo electrónico formacion.agasp@xunta.es, que adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación de solicitudes.

Criterios de selección:

Exclusivamente por orde de inscrición.

Lista de solicitudes seleccionadas:

O día 2 de marzo de 2016 a Academia Galega de Seguridade Pública publicará no sitio web http://agasp.xunta.es, as solicitudes de participación que resultasen seleccionadas segundo os criterios de selección mencionados anteriormente.

5. Desenvolvemento da actividade.

Lugar: Agasp.

Datas: 12 de marzo de 2016.

Horario: das 10.00 ás 14.00 horas.

Certificado de aproveitamento:

Ao finalizar a actividade entregarase un certificado de asistencia a todas aquelas persoas que acrediten a súa asistencia continuada a esta.

6. Dereitos e deberes do alumnado participante.

Durante o desenvolvemento da actividade ao alumnado seralle de aplicación, en canto aos dereitos e deberes, o previsto no Regulamento de réxime interior da Agasp, aprobado por Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 4 de febreiro de 2009 (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 12 de febreiro).

7. Modificacións e incidencias.

A Academia Galega de Seguridade Pública poderá modificar o desenvolvemento normal da actividade para adaptala ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Agasp tamén poderá suprimir o curso, ampliar novas edicións deste ou suspendelo temporalmente, cando así veña exixido por circunstancias que afecten a súa organización, realización ou docencia.

A Estrada, 10 de febreiro de 2016

Luis Menor Pérez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública