Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 22 de febreiro de 2016 Páx. 6515

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2016 pola que se dá publicidade aos beneficiarios das axudas implícitas nos préstamos Jeremie-Igape concedidos durante os anos 2014 e 2015.

Mediante Resolución do 3 de xuño de 2014 (DOG núm. 108, do 9 de xuño) publicáronse as bases reguladoras dos préstamos Jeremie-Igape previstos no programa operativo Feder Galicia 2007-2013, en beneficio de pequenas e medianas empresas e microempresas, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

O artigo 5 das referidas bases establece que estes préstamos inclúen unha subvención implícita, equivalente ao aforro de carga financeira que supoñen para o beneficiario respecto a un préstamo alternativo que podería obter no mercado financeiro e que terá a consideración de axuda de minimis.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9.2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 13.4 da Lei 4.2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, o Igape publicará as subvencións concedidas conforme as bases reguladoras das axudas do Igape no Diario Oficial de Galicia, expresando o beneficiario, a finalidade, a contía e a aplicación orzamentaria.

O fondo constituído para a concesión dos préstamos regulados nestas bases estará cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, polo que o prestameiro estará suxeito ás normas de información e publicidade que establece o Regulamento (CE) nº 1828/2006, da Comisión, do 8 de decembro, que fixa as normas de desenvolvemento para o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello, do 11 de xullo, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo e ao Fondo de Cohesión.

En virtude do exposto anteriormente,

RESOLVO:

Dar publicidade á relación de beneficiarios das axudas implícitas nos préstamos Jeremie-Igape concedidos polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) durante os anos 2014 e 2015 que figura como anexo.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2016

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Norma reguladora:

Resolución do 3 de xuño de 2014 (DOG núm. 108, do 9 de xuño) pola que se dá publicidade do acordo, do Consello de Dirección, que aproba as bases reguladoras dos préstamos Jeremie-Igape previstos no programa operativo Feder Galicia 2007-2013, en beneficio de pequenas e medianas empresas e microempresas cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva.

Finalidade:

Posta en marcha dunha liña de préstamos, con tipos de xuro reducidos, para investimentos produtivos en Galicia.

Aplicación orzamentaria:

Estas axudas serán financiadas con cargo á aplicación orzamentaria 08.A1-741A-8310 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica e cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 2, tema prioritario 08, actuación 2.

Nº de expediente

Nome/razón social

Data de resolución

Préstamo concedido (€)

Axuda implícita (€)

IG205.2014.1.3

Estampaciones Técnicas de Galicia, S.L.

6.11.2014

100.000,00

23.910,13

IG205.2014.1.8

Sancus Aleaciones, S.L.

6.11.2014

142.170,00

33.993,03

IG205.2014.1.9

Integralia Servicios Médicos, S.L.P.

6.11.2014

138.000,00

33.139,44

IG205.2014.1.6

Pekexogo Animación e Ocio, S.L.

18.12.2014

231.207,00

55.278,95

IG205.2014.1.15

V3 Dental Vilanova, S.L.

18.12.2014

136.977,22

32.749,69

IG205.2014.1.11

Gráficas Lasa, S.L.

5.3.2015

516.134,00

63.820,45

IG205.2014.1.18

Obrador Tradicional, S.L.

5.3.2015

74.974,00

9.958,57

IG205.2014.1.20

Xigomivisa, S.L.U.

5.3.2015

162.128,00

21.534,97

IG205.2014.1.24

Voxquimia, S.L.

5.3.2015

280.000,00

65.802,34

IG205.2014.1.30

Global Geosystems, S.L.

5.3.2015

186.010,00

23.009,19

IG205.2014.1.29

Friofer, S.A.L.

10.4.2015

154.000,00

1.539,35

IG205.2014.1.32

Intaf Promecan, S.L.U.

10.4.2015

712.000,00

88.135,32

IG205.2014.1.34

Evolventia, S.L.

10.4.2015

464.500,00

57.458,04

IG205.2014.1.14

Hermanos García Rocha, S.L.

28.5.2015

388.500,00

32.731,23

IG205.2014.1.26

Confortec Centro de Formación, S.L.

28.5.2015

97.328,00

3.484,73

IG205.2014.1.39

Maquinaria Agrícola Cancela, S.L.

28.5.2015

209.090,00

17.615,89

IG205.2014.1.46

Sancus Aleaciones, S.L.

28.5.2015

150.495,00

17.144,42

IG205.2014.1.40

Garriga e Hijos, S.L.

22.6.2015

700.000,00

86.589,08

IG205.2014.1.43

Maderas del Noroeste, S.A.

22.6.2015

700.000,00

86.589,08

IG205.2014.1.45

Aqua Dakart, S.L.

22.6.2015

500.000,00

61.849,34

IG205.2014.1.42

Aguas do Paraño, S.L.

30.7.2015

115.404,20

18.278,73

IG205.2014.1.44

Jardanay, S.L.

30.7.2015

315.000,00

73.996,21

IG205.2014.1.56

Internaco, S.A.

30.7.2015

490.000,00

25.564,05

IG205.2014.1.58

Vacas González, Emma

30.7.2015

95.580,10

2.466,59

IG205.2014.1.62

Jormicar 2015, S.L.U.

30.7.2015

154.099,00

19.053,50

IG205.2014.1.75

Hidrofersa Fábrica de Chavín, S.L.

30.7.2015

420.000,00

51.930,72

IG205.2014.1.47

English 4 People, S.L.

24.9.2015

84.630,50

19.879,44

IG205.2014.1.71

Palets Joaquín 2013, S.L.

24.9.2015

525.000,00

27.388,61

IG205.2014.1.78

Marsan Transformaciones Superficiales, S.L.

24.9.2015

500.000,00

56.935,42

IG205.2014.1.80

Carpintería Metálica Aluman, S.L.

24.9.2015

631.382,33

32.938,45

IG205.2014.1.37

Boullosa Pardo de Vera, S.L.

30.12.2015

350.000,00

18.222,16

IG205.2014.1.57

Costa Metalcraft, S.L. (en constitución)

30.12.2015

97.300,00

5.065,09

IG205.2014.1.65

Ottodisanpietro, S.A.U.

30.12.2015

66.238,24

1.811,66

IG205.2014.1.73

Materiales de Construcción J.A. Martínez, S.L.

30.12.2015

500.000,00

26.028,23

IG205.2014.1.87

Clictic, S.L.

30.12.2015

81.513,48

2.820,05

IG205.2014.1.92

Centro Veterinario Lejarza, S.L.

30.12.2015

105.000,00

5.044,41