Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 23 de febreiro de 2016 Páx. 6725

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato de subministración para a adquisición e instalación de mobiliario de hospitalización con destino ao novo hospital de Vigo, polo procedemento aberto e documentalmente simplificado, cofinanciado pola Unión Europea nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (expediente AB-SER2-15-002; 3 lotes).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-SER2-15-002.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: adquisición e instalación, polo Servicio Galego de Saúde, de mobiliario de hospitalización con destino ao novo hospital de Vigo, polo procedemento aberto e documentalmente simplificado, cofinanciado pola Unión Europea nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 9, prioridade de investimento 9.7 e obxectivo específico 9.7.1.

c) Lotes: tres lotes.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación:

DOG núm. 3, do 7.1.2015.

BOE núm. 10, do 12.1.2015.

DOUE 2015/S 002-001670, do 3.1.2015.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento sen IVE: 3.619.500,00 €.

Orzamento con IVE: 3.981.450,00 €.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación:

Lote 01: 16.6.2015.

Lote 02: 1.6.2015.

Lote 03: 16.6.2015.

b) Data de formalización do contrato e contratista:

Lote 01: 17.8.2015 Hill-Rom Iberia, S.L.

Lote 02: 26.6.2015 Hill-Rom Iberia, S.L.

Lote 03: 17.8.2015 Hill-Rom Iberia, S.L.

c) Importe de adxudicación:

Orzamento sen IVE: 3.065.856,00 €.

Orzamento con IVE: 3.709.685,76 €.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2016

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos