Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 23 de febreiro de 2016 Páx. 6678

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 1 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente en materia de residuos CO-RES-2014-0015 e catro máis.

De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia segundo o disposto no artigo 61.

Os actos foron adoptados pola xefa territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo Monelos, Vicente Ferrer, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 1 de febreiro de 2016

Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: CO-RES-2014-0015.

Interesado: Gheorghe Geacarel.

Acto notificado: 2ª imposición de multa coercitiva.

Expediente: CO-RES-2015-0100.

Interesado: Santiago Rivero Conchado.

Acto notificado: cambio de instrutora.

Expediente: CO-RES-2016-0008.

Interesado: Dragos Mirel Plesca.

Acto notificado: acordo de inicio do expediente sancionador.

Expediente: CO-RES-2016-0011.

Interesado: Antonio Barrul Gabarri.

Acto notificado: acordo de inicio do expediente sancionador.

Expediente: CO-RES-2016-0012.

Interesado: Ionut Cociu.

Acto notificado: acordo de inicio do expediente sancionador.