Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 23 de febreiro de 2016 Páx. 6639

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2016 pola que se publica o plan de estudos do máster universitario en Arquitectura.

Despois de obter a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo de informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia para a súa implantación, e establecido o carácter oficial do título polo Acordo do Consello de Ministros do 25 de setembro de 2015 (publicado no BOE do 21 de outubro de 2015 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 2 de outubro de 2015), esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, resolve:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Arquitectura, que se estrutura segundo consta no anexo.

A Coruña, 5 de febreiro de 2016

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO

Plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Arquitectura pola Universidade da Coruña

O título de máster universitario en Arquitectura habilita para o exercicio da profesión regulada de arquitecto, de acordo co disposto na Orde EDU/2075/2010, do 29 de xullo, pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios que habiliten para o exercicio da profesión de arquitecto.

Estrutura das ensinanzas (Real decreto 1393/2007, anexo I, punto 5.1.).

1. Rama de coñecemento a que se adscribe o título: Enxeñaría e Arquitectura.

2. Distribución do plan de estudos en créditos ECTS, por tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias (OB)……..….……………...……..…

Optativas (OP).………….….……………………..

Traballo fin de máster (TFM)...…………………..

Créditos totais.………………

30

0

30

60

3. Contido do plan de estudos.

Módulo

Materia

Disciplina

Créditos ECTS

Carácter

Curso

Organización temporal

Técnico

Construción

Proxecto de Construción

6

OB

Cuadrimestral

Estruturas

Proxecto de Estruturas

6

OB

Cuadrimestral

Instalacións

Proxecto de Instalacións

3

OB

Cuadrimestral

Proxectual

Composición

Crítica Arquitectónica

3

OB

Cuadrimestral

Proxectos

Proxectos Avanzados

9

OB

Cuadrimestral

Urbanismo

Instrumentos de Intervención Urbanística

3

OB

Cuadrimestral

Proxecto fin de carreira

Traballo fin de máster

30

TFM

Cuadrimestral

4. Condicións de terminación.

O alumnado deberá superar 60 créditos ECTS, distribuídos como se indica no punto 2, para obter o título de máster universitario en Arquitectura.