Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 23 de febreiro de 2016 Páx. 6736

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 27 de xaneiro de 2016 pola que se notifica o Acordo do 8 de outubro de 2015 que fixa o prezo xusto do predio número 1, sito no Grove, relativo ao proxecto 01438, expediente 2014/000982.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), modificado polo artigo 25 da Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlle mediante a presente cédula a Javier Padín Porto o Acordo do 8 de outubro de 2015 que fixa o prezo xusto do predio número 1, sito no Grove, relativa ao proxecto 01438, expediente 2014/000982, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada poderá tamén interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interporse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

3. De conformidade co citado artigo 25 da Lei 15/2014, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2016

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o que se expropia: 01438, LMT, CT, RBT, O Con. Exp. IN407A 2012/164-4. TM O Grove.

Nº de expediente: 2014/000982.

Persoa que se vai notificar: Javier Padín Porto.

Expropiante: Consellería de Innovación e Industria. Delegación Provincial de Pontevedra. Oficina Vigo.

Expropiados: hros. José Padín Vila.

Beneficiaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Predio nº: 1.

Concello: O Grove.

Provincia: Pontevedra.

Valoración resolución do Xurado: 1.727,63 €.