Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 24 de febreiro de 2016 Páx. 6956

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Innovación

CÉDULA do 30 de novembro de 2015 pola que se notifica a declaración de perda do dereito ao cobramento da anualidade 2012 do proxecto de análise de viabilidade de diques somerxidos na protección da costa e rexeneración de praias, estabilidade estrutural e aplicación ao ecosistema de Cabanas (A Coruña), correspondente ao expediente 10MDS048E, devolto polo servizo de Correos.

A Axencia Galega de Innovación, con data do 22 de setembro de 2015, enviou notificación á empresa Hidroscivil, S.L. co fin de comunicarlle a declaración de perda de dereito ao cobramento da anualidade de 2012 do proxecto de análise de viabilidade de diques somerxidos na protección da costa e rexeneración de praias, estabilidade estrutural e aplicación ao ecosistema de Cabanas (A Coruña), correspondente ao expediente 10MDS048E, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. A dita notificación foi devolta polo servizo de Correos e o funcionario indicou «descoñecido». Ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula no Boletín Oficial del Estado e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle á entidade beneficiaria a declaración de perda do dereito ao cobramento que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Tendo en conta o anterior e segundo o artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, os interesados dispoñen dun prazo de quince días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para facer alegacións e presentar os documentos e xustificantes que consideren pertinentes. Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta axencia, sita na praza de Europa, 10, 3º A, 15707 Santiago de Compostela, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na alínea a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2015

Manuel Varela Rey
Director da Axencia Galega de Innovación

ANEXO

Número de expediente: 10MDS048E.

Título: análise de viabilidade de diques somerxidos na protección da costa e rexeneración de praias, estabilidade estrutural e aplicación ao ecosistema de Cabanas (A Coruña).

Nome ou razón social: Hidroscivil, S.L.

CIF/NIF: B36759652.

Tipo de axuda: tecnoloxía do medio natural e desenvolvemento sustentable dos programas sectoriais de investigación aplicada peme I+D e I+D Suma, convocada pola Orde do 6 de xullo de 2010 (DOG do 7 de xullo).

Contido do acto: declaración de perda do dereito ao cobramento 10MDS048E.