Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 24 de febreiro de 2016 Páx. 6960

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 4 de febreiro de 2016, da Zona de Recadación de Ourense, polo que se dá a coñecer a realización dunha poxa pública de bens e dereitos.

O día 5 de maio de 2016, ás 10.30 horas, no Departamento Territorial de Facenda de Ourense (sito na rúa Xoán XXIII, nº 33) realízase a poxa pública dos bens e dereitos que se describen a seguir:

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

1

Predio de San Cibrao das Viñas número 9038.

Rexistro da Propiedade número dous de Ourense. Inscrición: tomo 1661, libro 92, folio 54. Titular 100 % do pleno dominio por título de propiedade horizontal.

Descrición do predio:

Urbano. Praza de aparcadoiro para motocicleta número catro, sita na planta baixa dun edificio cun portal único e dúas escaleiras interiores bloque I e bloque II, sito no Piñeiral, estrada de Ourense á Merca, sen número, termo municipal de San Cibrao das Viñas. Ten unha superficie útil de catro metros e vinte decímetros cadrados. Linda: norte e oeste, corredor de acceso á praza; sur, praza de aparcadoiro para motocicleta número tres; e leste, vivenda tipo A) da planta baixa. Asígnaselle unha cota de participación con relación ao valor total do inmoble do 0,12 %. É o predio número corenta e seis do edificio.

1.200,00 €

Non constan

1.200,00 €

100,00 €

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

2

Predio de San Cibrao das Viñas número 9037.

Rexistro da Propiedade número dous de Ourense. Inscrición: tomo 1661, libro 92, folio 53. Titular 100 % do pleno dominio por título de propiedade horizontal.

Descrición do predio:

Urbano. Praza de aparcadoiro para motocicleta número tres, sita na planta baixa dun edificio cun portal único e dúas escaleiras interiores bloque I e bloque II, sito no Piñeiral, estrada de Ourense á Merca, sen número, termo municipal de San Cibrao das Viñas. Ten unha superficie útil de catro metros e vinte decímetros cadrados. Linda: norte: praza de aparcadoiro para motocicleta número 4; sur, vestíbulo; leste, oco de ascensor; e oeste, corredor de acceso á praza. Asígnaselle unha cota de participación con relación ao valor total do inmoble do 0,12 %. É o predio número corenta e cinco do edificio.

1.200,00 €

Non constan

1.200,00 €

100,00 €

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

3

Predio de San Cibrao das Viñas número 9036.

Rexistro da Propiedade número dous de Ourense. Inscrición: tomo 1661, libro 92, folio 52. Titular 100 % do pleno dominio por título de propiedad horizontal.

Descrición do predio:

Urbano. Praza de aparcadoiro para motocicleta número dous, sita na planta baixa dun edificio cun portal único e dúas escaleiras interiores bloque I e bloque II, sito no Piñeiral, estrada de Ourense á Merca, sen número, termo municipal de San Cibrao das Viñas. Ten unha superficie útil de catro metros e quince decímetros cadrados. Linda: norte vestíbulo; sur, praza de aparcadoiro para motocicleta número 1; leste, caixa de escaleiras e vivenda tipo B) da planta baixa; e oeste, corredor de acceso á praza. Asígnaselle unha cota de participación con relación ao valor total do inmoble do 0,12 %. É o predio número corenta e catro do edificio.

1.200,00 €

Non constan

1.200,00 €

100,00 €

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

4

Predio de Ourense número 37219/T6.

Rexistro da Propiedade número un de Ourense. Inscrición: tomo 1942, libro 1199, folio 13. Titular con carácter privativo, do pleno dominio da totalidade deste predio.

Descrición do predio:

Urbano. Rocho sinalado co número seis, sito no local na planta baixa dun edificio situado na avenida de Zamora, números dezanove e vinte e un, actualmente número quince desta capital. Supón cinco oitenta e catroavas (5/84) partes indivisas do predio 37.219 cuxa descrición é a seguinte:

Urbano. Local sito na planta baixa sinalado co numero cinco, dun edificio situado na avenida de Zamora, números dezanove e vinte e un desta capital. Ten acceso directo a través do portal do edificio. Mide unha superficie construída de cento cinco metros e setenta e cinco decímetros cadrados, sendo a útil de oitenta e catro metros e sesenta decímetros cadrados. Linda: norte, o xeral do edificio; sur, corredor de acceso e escaleira das vivendas con fronte á rúa Nosa Señora do Viso; leste, muro de contención; e oeste, os locais números un e dous da mesma planta e corredor de acceso. A súa cota é de un, cincuenta por cento. É o predio número sete do edificio.

Referencia catastral: 3772018NG9837S0046HZ.

2.000,00 €

Non constan

2.000,00 €

100,00 €

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

5

Predio do Carballiño número 10047.

Rexistro da Propiedade do Carballiño. Inscrición: tomo 562, libro 202, folio 221. Titular 100 % do pleno dominio con carácter privativo por título de herencia.

Descrición do predio:

Urbano. Piso ático, sito na quinta planta alta do edificio sinalado co número cincuenta e sete, hoxe cincuenta e cinco, da rúa Martínez Avellanosa do Carballiño, que ten o seu acceso desde a citada rúa, a través do portal e escaleiras únicas do inmoble. Destínase a vivenda. Componse de piso propiamente dito e terrazas anterior e posterior. Ten o piso unha superficie duns sesenta metros cadrados, e as terrazas uns quince metros cadrados cada unha. Linda: fronte ou leste, rúa Martínez Avellanosa e oco de escaleiras; oeste, ou traseira, oco de escaleiras e saínte da terraza do piso primeiro; norte, descanso de escaleiras e de Evaristo Carballo Espiritusanto; e sur, de Manuel Vázquez. Cuota: doce centésimas. É o elemento número seis do edificio.

30.000,00 €

Non constan

30.000,00 €

500,00 €

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

6

Predio de Xinzo de Limia número 29945.

Rexistro da Propiedade de Xinzo de Limia. Inscrición: tomo 772, libro 209, folio 29. Titular 100 % do pleno dominio por título de compravenda.

Descrición do predio:

Urbano. Garaxe.

Localización: rúa Cruceiro. Lugar: Xinzo de Limia. Situación: rúa do Cruceiro, s/n, esquina coa rúa C. Enríquez.

Superficie construída: catorce metros e sesenta e dous decímetros cadrados. Terreo: dous mil catrocentos vinte metros sesenta e cinco decímetros cadrados.

Estremas: fronte, praza de garaxe 30. Dereita, calella. Esquerda, con zona de manobras. Fondo, praza de garaxe número 28. Praza de garaxe número vinte e nove.

Non consta referencia catastral.

8.000,00 €

Non constan

8.000,00 €

100,00 €

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

7

Predio de Celanova número 16750.

Rexistro da Propiedade de Celanova. Inscrición: tomo 805, libro 131, folio 207. Titular 100 % do pleno dominio por título de propiedade horizontal.

Descrición do predio:

Urbano. Garaxe.

Localización: avenida López Blanco, pranta B, parking 1.

Nº de orde: 1. Cota: cero enteiros, cincuenta e unha centésimas por cento.

Superficie: útil: trece metros e sesenta e cinco decímetros cadrados.

Estremas: norte, praza de garaxe número dous; sur, parcela catro con destino viario; leste, muro á rúa Pedra da Moa; e oeste, muro perimetral.

3.000,00 €

Non constan

3.000,00 €

100,00 €

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

8

Predio de Moaña número 15908.

Rexistro da Propiedade de Cangas. Inscrición: tomo 1877, libro 235, folio 51. Titular 100 % do pleno dominio por título de segregación.

Descrición do predio:

Urbano. Rocho. Localización: rúa Ramón Cabanillas, 214, planta: -1.

Nº de orde: 29. Cota: cero enteiros, vinte e unha centésimas por cento.

Superficies: construída: seis metros e trinta decímetros cadrados.

Linderos: fronte, zona común de manobra. Dereita, praza de garaxe número seis. Esquerda: rampla de acceso ao soto. Fondo: rampla de acceso ao soto.

Descrición: rocho número catro situado na planta de soto primeiro do edificio sinalado có número 214 da rúa Ramón Cabanillas, parroquia e termo municipal de Moaña.

1.286,65 €

Non constan

1.286,65 €

100,00 €

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

9

Predio de Moaña número 15907.

Rexistro da Propiedade de Cangas. Inscrición: tomo 1877, libro 235, folio 49. Titular 100 % do pleno dominio por título de segregación.

Descrición do predio:

Urbano. Garaxe. Localización: rúa Ramón Cabanillas, 214 planta: -1.

Nº de orde: 28. Cota: cero enteiros, corenta e tres centésimas por cento.

Superficies: construída: once metros e setenta e cinco decímetros cadrados.

Estremas: fronte, zona común de manobra. Dereita, praza de garaxe número oito. Esquerda: praza de garaxe número seis. Fondo: rampla de acceso.

Descrición: praza de garaxe número sete situada na planta de sótano primeiro do edificio sinalado co número 214 da rúa Ramón Cabanillas, parroquia e termo municipal de Moaña.

10.000,00 €

Non constan

10.000,00 €

100,00 €

De conformidade co disposto no artigo 101 do Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, faise constar:

a) Están á disposición dos interesados na Zona de Recadación de Ourense, onde poden ser examinados ata o día anterior ao da poxa, os expedientes de constrinximento en que constan os títulos de propiedade dos bens ou dereitos poxados e o estado das súas cargas e gravames, cos que deberá de se conformar, sen ter dereito a exixir outros.

b) Cando se trate de bens ou dereitos inscritibles nos rexistros públicos, os licitadores non poderán exixir outros títulos de propiedade que os achegados no expediente; que, de non estaren inscritos os bens ou dereitos no rexistro, o documento público de venda é título mediante o cal pode efectuarse a inmatriculación nos termos previstos na lexislación hipotecaria, e que, nos demais casos en que sexa preciso, deberán de proceder, se lles interesa, como dispón o título VI da Lei hipotecaria para levar a cabo a concordancia entre o rexistro e a realidade xurídica.

c) As cargas e gravames que subsistiren ao crédito dos executantes continuarán subsistindo e enténdese que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

d) No tipo da poxa non se inclúen os impostos indirectos que graven a transmisión dos bens ou dereitos.

e) Obriga de constituír ante a mesa da poxa, con anterioridade á súa celebración, un depósito do 20 % do tipo da poxa. De forma motivada poderá reducirse este depósito ata un mínimo do 10 %. Se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, o dito depósito aplicarase á cancelación da débeda, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerán polos prexuízos que orixine a falta de pagamento do prezo do remate.

O depósito constituirase mediante cheque que cumpra os requisitos establecidos no artigo 35.1 do Regulamento xeral de recadación ou por calquera outro medio que se habilite para o efecto.

f) A poxa suspenderase en calquera momento anterior á adxudicación de bens ou dereitos se se fai o pagamento da contía establecida no artigo 169.1 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

g) O adxudicatario entregará, no acto da adxudicación ou dentro dos quince (15) días seguintes, a diferencia entre o depósito constituído e o prezo da adxudicación.

h) Admitiranse ofertas en sobre pechado. Neste caso a mesa de poxa substituirá os licitadores poxando por eles na forma prevista para o efecto.

i) Logo da celebración da primeira licitación, a mesa poderá acordar a realización dunha segunda licitación, logo de deliberación da súa conveniencia. Neste caso admitiranse poxas que cubran o novo tipo, que será o 75 % do tipo da poxa na primeira licitación.

j) De conformidade co disposto no artigo 104.7 e 107 do Regulamento xeral de recadación e de quedaren bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa polo prazo que se considere oportuno, co límite de seis meses, a partir dese momento pódense presentar ofertas en sobre pechado á mesa da poxa.

A mesa da poxa abrirá as ofertas presentadas ao remate do prazo establecido, podendo proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun novo prazo para a presentación de ofertas ou mellora das existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento; e así sucesivamente, co límite de seis meses.

Ourense, 4 de febreiro de 2016

Rafael Torres Lacal
Recadador de zona de Ourense