Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 24 de febreiro de 2016 Páx. 6920

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 25 de xaneiro de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de concentración parcelaria de Curtis, no concello de Vilasantar (A Coruña), promovido pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural (clave 2014/0136).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 22 de xaneiro de 2016, do proxecto de concentración parcelaria de Curtis, no concello de Vilasantar (A Coruña), promovido pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural (clave 2014/0136).

Este informe pódese consultar na ligazón http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental