A Lei 14/2007, do 30 de outubro, pola que se crea e regula o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral regula no seu artigo 16 a composición e o procedemento de nomeamento das persoas vogais do Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral.
Conforme o previsto na devandita lei realizáronse propostas de designación por parte das organizacións sindicais Unión Xeral de Traballadores-UGT Galicia e Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (SN de CC.OO. de Galicia).
En consecuencia, no exercicio das atribucións conferidas de conformidade co disposto no artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e no artigo 16 da Lei 14/2007, do 30 de outubro,
RESOLVO:
Artigo único. Substitución de vogais en representación das organizacións sindicais
1. Por proposta da organización sindical Unión Xeral de Traballadores de Galicia
(UGT-Galicia):
En calidade de titulares:
a) Disponse o cesamento de Carlos Bellas Cebreiro.
b) Disponse o nomeamento de José Manuel Rodríguez Portela.
En calidade de suplentes:
a) Disponse o cesamento de Mª Félix Atanes Blanco.
b) Disponse o nomeamento de Carlos Bellas Cebreiro.
2. Por proposta da organización sindical Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (SN de CC.OO. de Galicia):
En calidade de titulares:
a) Disponse o cesamento de Ascensión Esteban Ceballos e Francisco Javier Gayoso Rivera.
b) Disponse o nomeamento de Xesús Castro Baamonde e Carlos Pérez Fernández.
En calidade de suplentes:
a) Disponse o cesamento de Francisco José Pérez Álvarez.
b) Disponse o nomeamento de Pilar Candelas Arnao.
Disposición derradeira única. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2016
Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria