Mediante a Orde do 18 de febreiro de 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 37, do 24 de febreiro) a Consellería do Medio Rural e do Mar regulou a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e as axudas ao desenvolvemento rural para a utilización sustentable das terras agrícolas no ano 2014.
O artigo 28 da citada orde dispón que as resolucións poderán ser notificadas de acordo co establecido no artigo 59.6.b) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. De conformidade co establecido no dito artigo, a notificación realizarase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia.
Por outra banda, de conformidade co artigo 7.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 7/2014, do 16 de xaneiro, polo que se aprobaron os estatutos do organismo autónomo Fondo Galego de Garantía Agraria (de aquí en diante Fogga), atribuíuse á Dirección do Fogga a potestade de resolver os procedementos de concesión de axudas que se tramiten no ámbito das súas competencias.
Base legal:
Orde do 18 de febreiro de 2014 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural para a utilización sustentable das terras agrícolas no ano 2014.
Logo do informe da Subdirección Xeral de Xestión da PAC e de acordo coa proposta de resolución da Dirección do Fondo Galego de Garantía Agraria da Consellería do Medio Rural,
RESOLVO:
Denegar as axudas para compensar as desvantaxes específicas que afectan os/as agricultores/as do sector de vacún de leite correspondentes á campaña 2014-2015 aos solicitantes relacionados no anexo e polos motivos indicados nel.
O dito anexo, xunto con esta resolución, publicarase na páxina web do Fondo Galego de Garantía Agraria: http://www.medioruralemar.xunta.es/fogga/
Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada perante a presidenta do Fogga, no prazo dun mes, de conformidade co disposto no artigo 5.2 do Decreto 7/2014, do 16 de xaneiro, e nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. A presentación do recurso poderá facerse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2016
Belén María do Campo Piñeiro
Directora do Fondo Galego de Garantía Agraria