Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 24 de febreiro de 2016 Páx. 6914

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (909/2012).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 909/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alberto Quintas Fernández contra Rodrigo Calvo Malvar, Tránsito dos Gramáticos, S.L., José Plasencia Couceiro, Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva é:

«Tense a Alberto Quintas Fernández por desistido da demanda que deu orixe ao presente procedemento contra Rodrigo Calvo Malvar e José Plasencia Couceiro, e decrétase o sobresemento e arquivamento deste procedemento respecto dos ditos codemandados.

Que estimando integramente a demanda interposta por Alberto Quintas Fernández contra Tránsito dos Gramáticos, S.L., debo declarar e declaro o dereito do demandante a percibir a suma de 8.648,24 euros brutos polos conceptos indicados no feito probado sexto desta resolución e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Tránsito dos Gramáticos, S.L. a abonarlle ao demandante a suma de 8.648,24 euros brutos polos conceptos indicados no feito probado sexto desta resolución, máis os xuros de mora do artigo 29.3 do ET sobre a dita cantidade calculado desde a interposición da papeleta de conciliación ata a presente resolución e o do artigo 576 da LEC a partir da presente resolución.

No que respecta á responsabilidade do Fogasa, deberá observarse o que resulta da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E, para que sirva de notificación en legal forma a Tránsito dos Gramáticos, S.L., en ignorado paradoiro, expido este para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial