Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 26 de febreiro de 2016 Páx. 7440

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2016 pola que se anuncia o procedemento de adxudicación mediante poxa pública, en réxime de compravenda ou alugamento, de locais de negocio, rochos e prazas de garaxe (expediente IGVS02-16).

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: procedemento para a adxudicación mediante poxa pública, en réxime de compravenda ou alugamento, dos locais de negocio, rochos e prazas de garaxe propiedade do IGVS.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: un único criterio.

4. Prezo dos locais de negocio, rochos e garaxes.

O prezo fixado, excluído o IVE, que como mínimo terán que propoñer os interesados na compravenda para cada local de negocio, rocho e praza de garaxe é o determinado na relación que figura nos anexos III, IV , V e VI do prego de condicións.

5. Garantías.

Provisional: 3 % do valor base de venda do ben que soliciten, no caso de que liciten na modalidade de compravenda, e do 3 % do valor base da renda anual que soliciten, no caso de de que liciten na modalidade de alugamento.

6. Requisitos específicos do contratista.

Poderán tomar parte na poxa pública todas as persoas físicas ou xurídicas, nacionais ou estranxeiras que, tendo plena capacidade de obrar, non incorran en ningunha das prohibicións de contratar previstas no artigo 60 do TRLCSP.

7. Obtención de documentación.

O prego de condicións que rexe este procedemento poderá obterse durante o prazo de presentación de proposicións no Servizo de Contratación na sede central do IGVS (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela), e consultarse na páxina da internet http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=24023. Tamén no perfil do contratante: http://igvs.xunta.es/web/igvs/329

8. Presentación das ofertas.

As proposicións, que se axustarán ao modelo que se inclúe no correspondente prego de condicións, presentaranse no Rexistro Xeral da Área Provincial do IGVS en que estean radicados os bens ou no Rexistro Xeral da sede central do IGVS (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela), ata o trixésimo (30º) día natural contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

De coincidir o último día para a presentación das ofertas en sábado poderanse presentar no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, s/n), e deberase comunicar ao órgano de contratación a presentación no Rexistro Xeral mediante telegrama ou burofax no mesmo día.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama, fax ou burofax (981 54 16 00) no mesmo día.

9. Apertura das ofertas.

O acto público de apertura do sobre nº 2 (proposición económica) terá lugar nas dependencias de cada Área Provincial do IGVS, á hora e data que será anunciada, con tres días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante.

10. Gastos do anuncio.

O importe do anuncio será por conta dos adxudicatarios, rateado proporcionalmente.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2016

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo