Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 26 de febreiro de 2016 Páx. 7384

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2016/017-1).

Expediente: IN407A 2016/017-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMTS e CT Parque Ofimático.

Concello: A Coruña.

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada (nº 1), a 15 kV, cunha lonxitude de 4,528 km, coa orixe en cela de liña existente na subestación de Eirís, condutor tipo RHZ1-20 L(S) 12/20 kV 1×240 mm2 Al e RHZ1-20L 12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final en cela de liña no CT servizo nº 2 Parque Ofimático proxectado, despois de realizar entrada e saída nos centros servizo nº 1 e servizo nº 4 proxectados.

Liña de media tensión soterrada (nº 2), a 15 kV, cunha lonxitude de 3,335 km, coa orixe en cela de liña existente na subestación de Eirís, condutor tipo RHZ1-20 L(S) 12/20 kV 1×240 mm2 Al e RHZ1-20L 12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final en cela de liña no CT servizo nº 2 Parque Ofimático proxectado, despois de realizar entrada e saída no centro servizo nº 3 proxectado.

Liña de media tensión soterrada (nº 3), a 15 kV, cunha lonxitude de 2,763 km, coa orixe en cela de liña existente na subestación de Eirís, condutor tipo RHZ1-20 L(S) 12/20 kV 1×240 mm2 Al e RHZ1-20L 12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final en cela de liña no CT servizo nº 2 Parque Ofimático proxectado.

Liña de media tensión soterrada conexión con EIR-712, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,316 km, coa orixe en empalmes proxectados na LMTS EIR-712 (expediente 400/15-1), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final no CT servizo nº 2 Parque Ofimático proxectado (entrada e saída).

Centro de transformación prefabricado nº 1, cunha potencia de 630 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Centros de transformación prefabricados números 2, 3 e 4, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 2 de febreiro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña