Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 26 de febreiro de 2016 Páx. 7392

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 15 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución da procedencia do reintegro total da subvención de promoción do emprego autónomo convocada pola Orde do 22 de abril de 2010 (Diario Oficial de Galicia número 79, do 28 de abril), relativa ao expediente 2010/3393.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial do Estado (BOE), quedando condicionada á súa publicación no tablón de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por correo certificado á persoa citada no anexo sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio a resolución ditada nos correspondentes expedientes.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados dispoñen do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Emprego e Industria, ou no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Con carácter previo poderá comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, rúa Salvador de Madariaga, 9, 1º, da Coruña, en horario das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 15 de febreiro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente número: 2010/3393-1.

Tipo de subvención: axuda excepcional.

Beneficiario: Moledo López, José Enrique.

NIF: 44828769K.

Materia: programa de promoción do emprego autónomo.

Data da resolución: 15 de agosto de 2015.