Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 26 de febreiro de 2016 Páx. 7388

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 15 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do recurso de reposición presentado contra a procedencia do reintegro das subvencións de promoción do emprego autónomo convocadas pola Orde do 17 de marzo de 2011 (Diario Oficial de Galicia número 60, do 25 de marzo), relativa ao expediente 2011/2311-1 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando condicionada á súa publicación no tablón de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por correo certificado ás persoas citadas no anexo sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio a resolución ditada nos correspondentes expedientes.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados dispoñen do prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Con carácter previo, poden comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, rúa Salvador de Madariaga, 9, 1º, da Coruña, en horario das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 15 de febreiro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente número: 2011/2311-1.

Tipo de subvención: establecemento como traballador autónomo.

Beneficiaria: Penido Cobas, Sara.

NIF: 45906678N.

Materia: programa de promoción do emprego autónomo.

Data da resolución: 17 de agosto de 2015.

Contido da resolución: desestimatoria do recurso de reposición.

Expediente número: 2011/3749-1.

Tipo de subvención: establecemento como traballador autónomo.

Beneficiario: Angueira Quintas, Pablo.

NIF: 33298736A.

Materia: programa de promoción do emprego autónomo.

Data da resolución: 31 de xullo de 2015.

Contido da resolución: inadmisión do recurso presentado por extemporáneo.