Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 1 de marzo de 2016 Páx. 7764

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal da categoría de técnico/a superior en radioterapia.

Mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde do 12 de setembro de 2013 (Diario Oficial de Galicia núm. 181, do 23 de setembro) reguláronse as bases e iniciouse o procedemento de actualización periódica das listas de selección temporal no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade, elaboradas ao abeiro do Pacto do 26 de abril de 2011.

Mediante a Resolución do 26 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, acordouse incorporar a área sanitaria de Lugo como ámbito territorial de inscrición nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais na categoría de técnico/a superior en radioterapia e amplíase o prazo de inscrición correspondente ao proceso de actualización de 2015 (Diario Oficial de Galicia nº 210, do 4 de novembro).

Mediante a Resolución do 28 de xaneiro de 2016 (Diario Oficial de Galicia núm. 23, do 4 de febreiro) publicáronse os resultados provisionais de baremación desta categoría.

Finalizado o prazo de reclamación contra a citada resolución e analizadas as reclamacións presentadas, este centro directivo, de conformidade co anexo I, base novena, da Resolución do 12 de setembro de 2013,

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade na categoría de técnico/a superior en radioterapia.

Segundo. As listas co número de orde e coa puntuación definitiva obtida polas persoas aspirantes admitidas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. De conformidade co anexo I, base novena, da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde do 12 de setembro de 2013, contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Cuarto. As listas entrarán en vigor con efectos do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2016

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos