Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 2 de marzo de 2016 Páx. 8012

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Almudena Díaz Pereira.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela tramítase o recurso 17/2016 (procedemento abreviado), interposto por Almudena Díaz Pereira contra a desestimación presunta, por silencio administrativo, do recurso de alzada interposto contra a Resolución do 20 xaneiro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se convoca un proceso selectivo para a cobertura de postos de traballo na Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia, mediante contratación laboral fixa, e se nomean os membros dos tribunais (DOG núm. 56, do 24 de marzo).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2016

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos