Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 2 de marzo de 2016 Páx. 7965

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

CÉDULA do 11 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se lle notifica á persoa interesada o acordo de inicio do expediente sancionador ES-P-0036/15.

De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada a notificación persoal por dúas veces no último domicilio coñecido, notifícaselle á persoa interesada o acordo de inicio do expediente sancionador que se indica no anexo.

A eficacia da cédula queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 11 de febreiro de 2016

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado: Celso Sanmartín Castro.

Expediente: ES-P-0036/15.

Último domicilio coñecido: rúa Agriña do Meixonfrío, nº 22, 2º B, Santiago de Compostela.

Indicación do contido: notificáselle o acordo de inicio do procedemento sancionador ES-P-0036/15 como suposto responsable dunha infracción leve, ao abeiro dos artigos 110 e 112 da Lei 18/2008, do 29 de decembro, de vivenda de Galicia.

Alegacións: de acordo co sinalado no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora concédeselle á persoa interesada un prazo de 15 días, que se contarán a partir do seguinte ao da notificación deste acordo, para achegar as alegacións, documentos e, se é o caso, propoñer proba, concretando os medios de que se pretenda valer.