Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 2 de marzo de 2016 Páx. 7994

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 15 de febreiro de 2016 pola que se notifica a imposición dunha terceira multa coercitiva devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición (expediente IU3/106/2011-C1).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 25 de xaneiro de 2016, resolución pola cal se impón unha terceira multa coercitiva expediente (IU3/106/2011-C1) como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 6 de xuño de 2012 na cal se lle ordena a demolición das obras consistentes na construción dunha edificación con tipoloxía de vivenda unifamiliar, no lugar da Lagoa, parroquia de Matela, no termo municipal de Outeiro de Rei, provincia de Lugo, por ser incompatibles co ordenamento xurídico vixente.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Josué Montoya Bentos, mediante a presente cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a dita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección de la Legalidade Urbanística, situadas no Edificio Witland, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, o interesado pode interpor recurso de reposición ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpor directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística