Faise público que o Pleno da Corporación, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 9 de febreiro de 2016, aprobou inicialmente o Plan xeral de ordenación municipal de Vilariño de Conso.
De conformidade co previsto no artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística do medio rural de Galicia, o plan aprobado inicialmente con todos os documentos integrantes do expediente tramitado, incluído o informe de sustentabilidade ambiental, sométese ao trámite de información pública, durante un prazo de dous meses, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e en dous xornais de maior difusión na provincia de Ourense, o cal se computará a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Este acordo implica a suspensión do outorgamento de licenzas nos termos recollidos no dito acordo de aprobación inicial.
O expediente completo podera ser examinado nas oficinas municipais, e o acordo de aprobación inicial e o documento aprobado, ademais, na páxina web do concello:
www.vilarinodeconso.es
Vilariño de Conso, 11 de febreiro de 2016
Ventura Sierra Vázquez
Alcalde