Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 3 de marzo de 2016 Páx. 8155

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 24 de febreiro de 2016 pola que se procede ao nomeamento como funcionarios/as en prácticas do corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, escala técnica de inspección turística, dos aspirantes que superaron as fases de oposición e de concurso do proceso selectivo, convocado pola Orde do 18 de decembro de 2001 (Diario Oficial de Galicia número 250, do 28 de decembro), en execución da sentenza ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo o 19 de xullo de 2009 no procedemento ordinario 745/2003.

Unha vez rematadas as fases de oposición e de concurso do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, escala técnica de inspección turística, convocado pola Orde do 18 de decembro de 2001 (Diario Oficial de Galicia número 250, do 28 de decembro), en execución da sentenza ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo o 19 de xullo de 2009 no procedemento ordinario 745/2003, de conformidade co establecido no procedemento de execución por auto da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 18 de xullo de 2011, confirmado pola Sentenza do 19 de decembro de 2013, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo, que foi aclarada polo Auto do 7 de marzo de 2014; verificada a concorrencia dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria e publicada a Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 19 de febreiro de 2016 pola que se convoca o curso selectivo previsto na base II.4, esta consellería, de acordo co disposto no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Xunta de Galicia e nas bases da convocatoria do proceso selectivo,

DISPÓN:

Primeiro. Nomear funcionarios/as en prácticas do corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, escala técnica de inspección turística, aos aspirantes que superaron as fases de oposición e de concurso do proceso selectivo convocado pola Orde do 18 de decembro de 2001 (Diario Oficial de Galicia número 250, do 28 de decembro), en execución da sentenza ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo o 19 de xullo de 2009 no procedemento ordinario 745/2003, ordenados de acordo coa puntuación final obtida nas dúas fases.

Segundo. O nomeamento terá efectos, segundo establece a base II.4 da convocatoria, desde o día 14 de marzo de 2016, data de inicio do curso selectivo establecida na Resolución do 19 de febreiro de 2016 da Escola Galega de Administración Pública.

Terceiro. A situación xurídica dos aspirantes nomeados funcionarios en prácticas será a prevista no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, e demais disposicións concordantes.

Cuarto. As normas internas e de avaliación que regularán o curso selectivo son as establecidas pola Resolución do 19 de febreiro de 2016 da Escola Galega de Administración Pública.

Quinto. O tribunal, á vista da proposta motivada que lle formule o director do curso, declarará apto ou non apto aos distintos aspirantes.

Sexto. Os aspirantes que non superen o curso selectivo poderanse incorporar ao inmediatamente posterior, coa puntuación asignada no concurso-oposición ao último dos participantes nel. De non superalo, perderán todos os seus dereitos para seren nomeados funcionarios de carreira.

Sétimo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2016

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

Apelidos e nome

DNI

Total

Bacariza Cortiñas, Santiago Xosé

33265925J

46,79

López Brites, Patricia

44085952N

36,50

Losada Pulido, Miguel

44448108X

33,40

Lage Mosquera, Ana Carolina

44479934G

33,04

Roca Barral, Alberto

34897373W

32,35

Silva Díaz, Manuel da

32635850T

31,86