Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 3 de marzo de 2016 Páx. 8220

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 17 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental (DIA) da concentración parcelaria de Sobrada, Paz, Arcos e Aguiar (Outeiro de Rei).

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, faise pública a declaración de impacto ambiental (DIA) formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da concentración parcelaria de Sobrada, Paz, Arcos e Aguiar (Outeiro de Rei, Lugo) e promovida pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural. A citada declaración poderá ser consultada na páxina web da Consellería do Medio Rural (http://www.medioruralemar.xunta.es) e na da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2016

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral de Desenvolvemento Rural