Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 3 de marzo de 2016 Páx. 8171

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de decreto (264/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 264/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Ángeles Silva Vázquez contra Andaina Servicios Sociais, S.L. e Fogasa (Fondo de Garantía Salarial) sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Decreto.

Secretaria xudicial: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2016.

Antecedentes de feito.

Primeiro. María Ángeles Silva Vázquez presentou demanda de execución contra Andaina Servicios Sociais, S.L. e Fogasa (Fondo de Garantía Salarial).

Segundo. Foi ditado auto despachando execución no 9 de novembro de 2015 por un total de 2.613,78 euros en concepto de principal, máis outros 261,37 euros.

Terceiro. Das actuacións practicadas non se obtivo ningunha cantidade. Deuse audiencia ao Fondo de Garantía Salarial despois do resultado negativo do resto das indagacións realizadas.

Fundamentos de dereito.

Único. Dispoñen os artigos 250 e 276 da LXS que, se non se tiver coñecemento da existencia de bens suficientes do executado nos cales facer embargo, se practicarán as indagacións procedentes e, se foren infrutuosas, total ou parcialmente, a secretaria xudicial da execución ditará decreto de insolvencia despois de oír o Fondo de Garantía Salarial e a parte demandante.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar o executado Andaina Servicios Sociais, S.L. e Fogasa (Fondo de Garantía Salarial) en situación de insolvencia total por importe de euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisoria.

b) Arquivar as actuacións despois de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñeceren novos bens do executado.

c) Una vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interporse ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes á notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A. indicando no campo do concepto “recurso” seguido do código “31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial”. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá incluír despois da conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada no formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles».

E para que sirva de notificación en legal forma a Andaina Servicios Sociais, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial