Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 7 de marzo de 2016 Páx. 8629

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (827/2015).

Despedimento/cesamentos en xeral 827/2015

Demandante: Iván Lago Rodríguez

Avogada: Ana Sánchez-Andrade Saavedra

Demandado: Miguel Ángel Calvo Veiga

Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 827/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Iván Lago Rodríguez contra Miguel Ángel Calvo Veiga sobre despedimento, se ditou resolución do 18.1.2016 contra a cal se pode interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días e fáiselles saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

Para que sirva de notificación en legal forma a Miguel Ángel Calvo Veiga, en ignorado paradoiro, expido este edicto para inserir no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de febreiro de 2016

O letrado da Administración de xustiza