O artigo 11.1 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,
DISPOÑO:
Artigo único
Dar publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2015, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2016
Adela Quinzá-Torroja García
Directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral
ANEXO
Convenio |
Obxecto |
Importe achegado polo Issga |
Data da sinatura |
Convenio de cooperación educativa entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e a Universidade da Coruña, para a realización de prácticas académicas externas do alumnado do mestrado universitario en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns |
Articular a colaboración do Issga coa Universidade da Coruña na realización de prácticas académicas externas do alumnado do mestrado universitario en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns, para facilitar a súa preparación para o exercicio profesional en áreas operativas do instituto relacionadas coa súa formación universitaria e as posibles saídas profesionais desde os estudos cursados na universidade |
0,00 € |
2.9.2015 |
Convenio de cooperación educativa entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e a Universidade de Santiago de Compostela, para a realización de prácticas académicas externas do alumnado do mestrado universitario en Prevención de Riscos Laborais e Saúde Medioambiental |
Articular a colaboración do Issga coa Universidade de Santiago de Compostela na realización de prácticas académicas externas do alumnado do mestrado universitario en Prevención de Riscos Laborais e Saúde Medioambiental, para facilitar a súa preparación para o exercicio profesional en áreas operativas do instituto relacionadas coa súa formación universitaria e as posibles saídas profesionais desde os estudos cursados na universidade |
0,00 € |
25.9.2015 |