Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 11 de marzo de 2016 Páx. 9231

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2016 pola que se públican as subvencións concedidas en virtude da Orde do 22 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas en réxime de concorrencia competitiva ás entidades privadas sen ánimo de lucro para a realización de programas de incorporación social en vivendas para pacientes estabilizados nas unidades asistenciais con especialización en drogodependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e do artigo 17.1 da Orde do 22 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas, en réxime de concorrencia competitiva, as entidades privadas sen ánimo de lucro para a realización de programas de incorporación social en vivendas para pacientes estabilizados nas unidades asistenciais con especialización en drogodependencias da Comunidade Autónoma Galega, publícanse as subvencións concedidas.

Crédito orzamentario inicial de 200.000 euros, con cargo a aplicación orzamentaria 5001.413A.481.21 e código de proxecto 201400027.

No que se refire aos beneficiarios, importe e finalidade: véxase o anexo.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2016

Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Orde

Entidade

Programa

Contía Programa

1

Asociación Atox

Piso de acollida para a incorporación social

40.000 €

2

Asociación Érguete

Programa social de apoio a procesos terapéuticos I

40.000 €

3

Asociación Érguete

Programa social de apoio a procesos terapéuticos II

40.000 €

4

Asociación Érguete

Programa social de apoio a procesos terapéuticos III

40.000 €

5

Asociación Rexurdir Provincial

Piso de apoio ao tratamento, social e laboral ao drogodependente

40.000 €